Domingo, 9 de Novembro do 2008. Esa é a data que máis está a soar estes días como o Domingo no que os galegos e as galegas iremos de novo a votar, a evaluar os 4 anos de xestión do bipartito galego.
Algúns pregúntanse que está a suceder nos sondeos que lle dan traspase de votos do PSdeG ao BNG (¿Teremos presidente nacionalista por primeira vez na historia?) mais certamente semella que o BNG ten mellor aproveitado en termos electorais a súa estadía no Goberno Galego.
Sexan certos eses datos ou non, todo parece indicar que o BNG de novo será o mozo de calqueira, pois ninguén aposta por unha maioría absoluta, a non ser que o PP amplíe a súa maioría. ¿E que faría Núñez Feijóo?
O candidato do PP, que agora está acusando case a diario ao Goberno de tramar un fraude electoral en Correos (cando o di el, que foi Director Xeral de Correos na etapa de Fraga, será porque sabe facelos…), non sabe que facer, con quen pactar.
Evidentemente, a lousa de Fraga é enorme e non temos máis que ver a Cidade da Cultura para lembralo. Mais Núñez Feijóo fixo declaracións que deron a entender outro tipo de cousas, veremos se o seguirá dicindo despois das eleccións.
Cómpre ler os comentarios de esta entrada, con argumentazóns tan razoadas como a de:
Pienso que el PP baja principalmente, por que ya no defiende LA UNIDAD DE ESPAÑA. (Su página Web, estaba solo en “gallego”, hasta hace poco, y el FEIXOO ¡, solo escribe en JALEJO, en su Bloc.) La hipoteca nacionalista le supondrá el EMBARGO POLITICO. Votaré a Rosa Diez, (a pesar de que no me guste su programa ecónomico) ya que LA UNIDAD DE ESPAÑA, es lo más importante para que este pais continue siendo un PAIS DE ESPAÑOLES LIBRES. Los independentismos, solo traen MISERIAS…